Skip to Content

ACTIVIDADES REGUEIFEIRAS DO VERÁN 2016

EVENTOS REGUEIFEIROS DE VRAN

Pasamos a difundir algúns dos eventos que protagonizaran os regueifeiros durante este vran e os que poderedes achegarvos para disfrutar do seu arte.

Día 1 de xullo
As 23h na cervecería “Nos” /Lorient, nº1
Festa de peche das clases de Regueifa do CIOV do concello de Vigo.
Participarán nela:
O mestre do curso, Josiño de Teixeira e varios d@s alumn@s que acudiron as clases entre octubre do 2015 e xuño do 2016.
Día 2 de xullo
Antonio e Suso de Xornes, actuan en Vimianzo, dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Ese mesmo día, tamén estarán no Paseo literario e Toponímico pola Ría de Vigo e a illa de Ons, que promove o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e o Instituto de Estudos Miñoranos, xunto con Pedro Feijoo, Xosé Lois Vilar e Gonzalo Navaza. Todos eles embarcarán, as 9.00h, no Muelle de Nautico. Acudirán os Regueifeir@s, Alba Mª, Esther Porrit e Quique Estévez.
Día 16 de xullo:
Josinho da Teixeira e Quique Estevez, levarán a cabo un obradoiro-regueifada para os alumnos dos obradoiros de música e cultura galega que a Secretaria Xeral de Emigración da Xunta, promove entre as Comunidades Galegas no exterior. Será o sábado das 18,00 as 20,00h no Centro Residencia Docente de Ourense ( antiga Universidade Laboral).
Día 18 xullo
No área peonil do Calvario, diante da Praza de abastos, as 21.00h, dentro do programa “No verán un conto” que promove o Servizo de Normalización lingüística do Concello de Vigo, actuarán: Josinho da Teixeira e Quique Estévez acompañados por Alba Mª e Sara Porrit.
Día 20 de xullo:
Ás 20:00h naVela (rúa de Samil, 18) aproveitando a estancia dos afamados repentistas cubanos, Irán Caballero e Yoslay García, que veñen de actuar no Encontro Mundial celebrado en datas recentes en Donosti, farase unha actación conxunta con regueifeiros galegos, Josiño da Teixeira, Quique Estevez e outros.
Día 21 de xullo:
Ás 21,00h en Ponteareas, na Praza Maior, actuación dos repentistas cubanos, Irán Caballero e Yoslay García, na compaña de regueifeiros Josinho d Teixeira e Quique Estevez.

Día 23 de xullo:
Ás 17:00h Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira, actuarán na festa da Comunidade de Montes de Goian (Tomiño), que terá lugar no Parque Forestal Brintadeira.
Día 25 de xullo:
Ás 17:00h intervención dos regueifeiros no Festigal de Compostela, actuarán por alí, Josinho da Teixeira, Bieito Lobariñas e outros, abrindo os concertos vespertinos. Tamén teremos un espazo na Feira deste Festival, que promove o BNG, por mor do día da Patria Galega.

Día 27 de xullo:
Ás 21:00, na Alameda de Bouzas, dentro do programa promovido polo Servizo de Normalización Linguística do Concello de Vigo, “no verán un conto”, participarán: Bieito Lobariñas e Luis “O Caruncho”, acompañados por novas regueifeiras por confirmar.
Día 24 de agosto:
Ás 21:00h, na Praza da Independencia de Vigo, dentro do programa “No Verán un Conto” do SNL do Concello de Vigo. Actuarán: Josinho da Teixeira e Bieito Lobariñas.
Día 26 de agosto:
Actuarán nun acto solidario en Caldas de Reis, posiblemente ás 13,00 horas

Ademáis:

- Encontro de improvisadores en verso de todo o mundo en San Sebastián do 15 ó 17 de xullo. Acudirá a técnica do SNL do Concello de Vigo, Marta Souto a falar da experiencia dos obradoiros didácticos de regueifa como vehículos de normalización linguística e da experiencia do CIOV
- Festival de Villanueva de Tapia en Málaga, do 15 ó 17 de xullo o que están convidados os Regueifeiros galegos, Bieito Lobariñas e Guillerme Inacio.
Outras novas:
- A ver si desta volta somos quen de publicar o libro “O Repente Galego” promovido por esta Asociación e redactado por Ramón Almuinha, e impreso pola Deputación de Pontevedra, tal e como se comprometeu o deputado do BNG, Xosé Leal. Si poideramos presentalo no Culturgal, sería perfecto.
É moi posible, que os que andades por Barcelona do 14 o 16 de outubro vos poidades atopar con Josinho da Teixeira e Bieito Lobariñas, regueifando e dando algún obradoiro de percusión e improvisando en verso polo barrio de Gracia, convidados pola Asamblea Cultural Galega de Barcelona.
- Irémosvos anunciando máis cousas, según vaian xurdindo.
Atentos tamén a nosa web: www.regueifa.org.

Bo vran e boa regueifa/brindo.

Regueifas en bouzas xullo 2016
AdjuntoTamaño
Evento Regueifeiros de Vran.pdf125.29 KB