Skip to Content

cartel cursos ciov 2017-2018.jpg

A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV, continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral e á narración oral.
Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde.
O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17.
Os cursos son gratuítos. Máis información na web: snl.vigo.org
As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (cómpre poñer no asunto: cursos ciov)

CURSO DE IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO
CURSO DE NARRACIÓN ORAL EN PROSA

Achegamento á improvisación (regueifas, brindos,
xaneiras...) por conta de Josinho da Teixeira
Datas:
18, 25 de outubro; 8, 15, 22, 29 de novembro; 13 de decembro do ano 2017
10, 17, 24, 31 de xaneiro; 7, 14, 21, 28 de febreiro;
7, 14, 21 de marzo; 4, 11, 18, 25 de abril; 2, 9, 16,
23, 30 de maio do ano 2018
Horario: de 18:00 a 20:00
Narración oral (contos, lendas, historias populares...)
por conta de Ana Carreira, Paula Carballeira e Raquel Queizás
Datas:
19, 26 de outubro; 2, 9, 16, 23 de novembro do ano 2017
Xoves de xaneiro, febreiro e marzo do ano 2018
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 61 63 64
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego

cartel cursos ciov 2017-2018.jpg
AdjuntoTamaño
cartel cursos ciov 2017-2018.pdf195.65 KB
programa_improvisación_en_verso_curso_2017-2018.pdf37.11 KB