Skip to Content

Certame Enreguéifate 2018

05/03/2018 00:00

Dende o 5 de marzo até o 15 de abril está aberto o prazo para participar na II edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.

Paralelamente, onte iniciáronse en Carballo os obradoiros de improvisación oral que se impartirán nos institutos. Comezaron no IES Parga Pondal a cargo de Alba María e Lupe Blanco ; pero seguirán ao longo destas dúas primeiras semanas de marzo, coa colaboración do tamén regueifeiro Josinho dá Teixeira.