Skip to Content

Chega Enreguéifate 2018!

O proxecto Enreguéifate chega á súa segunda edición con novas propostas e coa incorporación ao proxecto de tres novos municipios: Ames, Carballo e Teo. Ademais, tamén conta con nova páxina web: www.enregueifate.gal.

Enreguéifate mantén o certame de regueifas en vídeo, que será convocado nas próximas semanas, e o festival Regueifesta que se celebrará o 2 de maio no Auditorio de Galicia, en Compostela. Por outra parte, tamén haberá xornadas de formación para o profesorado (de Galicia) e para o alumnado (dos concellos participantes).

A xornada de formación para o profesorado celebrarase o 17 de febreiro e a inscrición xa está aberta a través da nova web. O prazo para anotarse remata o día 8 de febreiro e o 70% das prazas están reservadas para profesorado en activo, de centros públicos ou concertados (matrícula é de balde). Nos obradoiros para o alumnado, @s máis nov@s poderán aprender métodos de improvisación oral e coñecerán tamén o proceso de expansión e renovación da regueifa existente entre a xente nova.

Como o ano pasado, nas próximas semanas será convocada a segunda edición do certame de vídeos Enreguéifate, seguindo o modelo da primeira edición, no que se poderá participar gravando en vídeo regueifas de tres minutos de duración. Haberá premios en dúas categorías: escolar e xeral, e os premios entregaranse no transcurso da Regueifesta (o 2 de maio no Auditorio de Galicia).

Ligazón ao Facebook:

Cartaz do evento: