Skip to Content

CLUB/PEÑA REGUEIFEIRA

Os terceiros xoves de cada mes no local A Regueifa no Casco Vello de Vigo, ás 21.00 horas e dinamizados por Kike Estévez haberá unha sesión do club/peña Regueifeira.
Será un elemento de diversión e un xeito participativo e colaborativo de construír Coplas Improvisadas que levará aparellado a posibilidade de facerse con algúns agasallos.

Comezan o 18 de maio ás 21.00 en A Regueifa

https://goo.gl/maps/kMihYbVZ6yT2

Faranse nos meses de maio e xuño e reanudaranse os encontros a partires de setembro.

Estades todas e todos convidadas/os

Club/Peña Regueifeira