Skip to Content

Crónicas da III Regueifesta

Máis dun milleiro de escolares de toda Galicia asistiron o pasado mércores á Regueifesta, o encontro arredor da improvisación oral en verso que se celebrou no Auditorio de Galicia. Alba María, Josinho da Teixeira, Séchu Sende e Manolo Maseda participaron no evento, ao que foi convidado alumnado de Euskadi e de Cataluña. Ademais, no marco da Regueifesta entregáronse os premios da II edición do certame Enreguéifate.

Deixamos por aquí diferentes ligazóns ás crónicas do evento: