Skip to Content

Enreguéifate fai obradoiros nos institutos de Carballo

Para poñer en valor a regueifa, incentivar a súa práctica, difundila e tamén para promover a participación no certame dende o ámbito escolar, dentro do proxecto desenvólvense accións formativas dirixidas ao alumnado e ao profesorado. Nestes obradoiros, impartidos polas regueifeiras Lupe Blanco e Alba María e polo regueifeiro Josinho da Teixeira, traballarase de maneira práctica e dinámica a improvisación oral e a técnica da regueifa desde os valores da igualdade e a diversidade.

PROGRAMA
LUNS 5 DE MARZO
Dous obradoiros no IES PARGA PONDAL: 1.º De 9.20 h a 11.00 h (Alba María) 2.º De 11.30 h a 13.10 h (Alba María e Lupe Blanco)

MARTES 6 DE MARZO
Dous obradoiros no IES PARGA PONDAL: 1.º De 9.20 h a 11.00 h (Alba María e Josinho da Teixeira)2.º De 11.30 h a 13.10 h (Alba María e Josinho da Teixeira)

MARTES 13 DE MARZO
Dous obradoiros pola mañá e un pola tarde no IES ALFREDO BRAÑAS: 1.º De 9.20 h a 11.00 h (1ºD) (Alba María e Josinho da Teixeira) 2.º De 12.20 h a 14.00 h (1º A) (Alba María e Josinho da Teixeira) 3.º De 16.15 h a 17.55 h (1º B) (Lupe Blanco e Alba María)

XOVES 15 DE MARZO
Dous obradoiros: 1.º De 11.30 h a 13.10 no IES ALFREDO BRAÑAS (1º C) (Lupe Blanco e Alba María) 2.º De 16.40 h a 18.20 h no IES ISIDRO PARGA PONDAL (Lupe Blanco e Alba María)

VENRES 16 DE MARZO
Dous obradoiros pola mañá no IES MONTE NEME: 1.º De 10.35 h a 12.15 h (Lupe Blanco e Josinho da Teixeira) 2.º De 12.30 h a 14.10 h (Lupe Blanco e Josinho da Teixeira)