Skip to Content

II Certame Escolar de Poesía Improvisada (O Morrazo)

No día de onte o alumnadode 2º de ESO do Morrazo competiron na segunda edición do Certame Escolar de Poesía Improvisada, onde demostraron a súa destreza á hora de improvisar rimas na lingua propia.

O Auditorio de Cangas encheuse con estudantes de 2º de ESO de toda a comarca para presenciar o II Certame Escolar de Poesía Improvisada. Medíronse alumnos de todos os centros, que improvisaron regueifas con temas como o polémico máster de Cifuentes. O IES As Barxas gañou o roscón final.