Skip to Content

Liñas de traballo

1º- Recopilar información sobre as distintas manifestacións orais en verso improvisado que se practican ou practicaron en Galicia.

2º- Recuperar practicantes de regueifas ou do Brindo sobre todo na comarca de Bergantiños e o Caurel que son os últimos sitios nos que se sabe se practicaron ata hai pouco.

3º- Achegar a novos valores a Improvisación en verso, xa sexan procedentes do Hip-Hop, da poesía, do teatro ou doutras manifestacións populares tales como: coplistas do entroido, dos maios, da canción popular...

4º- Difundir a existencia destas manifestacións artísticas de carácter popular entre todo tipo de institucións culturais e educativas (Universidades, Consello da Cultura Galega, ILGA,...) e a Administración Pública (Direción Xeral de Promoción e Difusión Cultural, Direción Xeral de Política Lingüística,...)..

5º- Realizar un plan estratéxico de recuperación, difusión e normalización da Poesía Oral Improvisada en verso a nivel galego..

6º- Manter contactos con organizacións similares da Península e Hispanoamérica.

7º- Utilizar a Regueifa / Brindo como un medio de achegamento e aprendizaxe da Poesía por parte dos alumnos da ESO.

8º- Dar unha imaxe da improvisación en verso como algo que hoxe en día tamén está vixente e pode convivir coa contemporaneidade (no hip-hop hai “Regueifa” e as novas tecnóloxias son perfectamente compatibles con elas, xa que tanto a telefonía móbil como Internet son medios a través dos cales é factible a aprendizaxe e a práctica do “Brindo”..

9º- Amosarlle ó público en xeral que a improvisación en verso é unha disciplina artística que coas súas variantes locais, se practica case que en todo o mundo..

10º- Conquerir aunar esforzos entres instituciós educativas, culturais e políticas, os medios de comunicación e a sociedade civil interesada para poder achegar ao público a esta arte e poder acadar unha repercusión social e revitalización como ten o bertsolarismo en Euskadi ou o Canto ao desafio en Portugal.