Skip to Content

NOVIDADES DA ORAL

Saúdos regueifeir@s a tod@s.
Ímosvos facer partícipes dunha serie de novas arredor da Regueifa, das que vos queremos facer participantes, e das que podes achegarnos as vosas impresións.
1º- Os promotores do Proxecto Regueifesta, Manolo Maseda e Sechu Sende incorpóranse a esta entidade.
Manolo Maseda (Profe e Director do Inst. Maximino Romero de Baio; amáis de músico, activista...) e Sechu Sende (Profe do Inst. Marco Camballón de Vila de Cruces, amáis de poeta, activista...) súmanse a esta entidade, para xenerar sinerxias que axuden a extender este proxecto educativo a todo o País e, que sirva como modelo sobre o que xire a educación formal e non formal da regueifa para a rapazada Galega de Primaria e Secundaria. Para isto, elaboraron un decálogo de obxetivos e prioridades que vos achegamos co fin de que o valoredes e nos fagades chegar as vosas paortacións e poder así milloralo, para que todos os actores neste proceso o coñezan e asuman. (Achégase texto)
2º- Presencia no Culturgal
Partillaremos un stand (o nº15), dentro do Espazo Libro, coa ONG, implicada no desenvolvemento.
Nel poderedes informarvos das iniciativas nas que andamos metidos, ver algún exempar do Libro sobre Repente Galego que promovemos e financiamos e que foi editado pola Deputación Provincial de Pontevedra. O autor foi Ramón Pinheiro Almuinha e as transcricións musicais realizounas Sergio de la Osa.
Este libro será presentado nun acto, o que estades tod@s Convidad@s, que terá lugar o domingo as 11:30h no Pazo de Cultura de Pontevedra coa asistencia do Delegado de Cultura e Lingua na Deputación de Pontevedra, D. Xosé Leal e o resto de implicados na súa elaboración.
Tamén se poderá refollar nun exemplar da Metodoloxía didáctica do Repente Galego que elaboraron Marina Porto e replantexou Quique Estévez.
3º- Programa de Radio sobre improvisación oral na Radio Valladares Piratona que emite no dial 106.1 da FM da área de Vigo e que se pode descargar na web da emisora.
É elaborado mensualmente por Quique Estévez, que andará polo Culturgal o domingo 4 de decembro e nel pódense atopar todo tipo de contidos referentes a Regueifa e o Brindo do País, e tamén do repente internacional, entrevistas, reportaxes, desafíos ao vivo ou gravados etc... Pódense ouvir asemesmo as achegas compostas polos ouvint@s.
4º- Proceso de afortalamento da Asociación ORAL.
No 2017, cúmprese o 20 aniversario da fundación desta asociación e pensamos que é o momento axeitado para afortalar a súa estructura e tamén para darlle unha maior difusión e visibilidade o traballo que se realiza.
É por esta razón que se vai proceder a actualizar a base de datos de soci@s, para millorar o fluxo de comunicación e ver cal é a nosa dimensión rea o día de hoxe (é posible que se poñan en contacto con vos persoas da asociación para axilizar estos trámites).
Sabedes, que polo dagora, o único requisito para formar parte de esta asociación e cubrir unha ficha e nada máis, xa que a Sociedade non ten estipulado, nin o vai ter a corto prazo, cota económica algunha, e decir é de balde, así que vos animamos a facernos chegar a ficha que se adxunta cos vosos datos ao día.
Nesta mesma liña, estamos traballando para conformar unha nova xunta directiva, que se candidadte, para a asamblea xeral que se celebrará no mes de maio (posiblemente o día 20), nun local ainda por determinar, pero que é probable que sexa, ou ben en Compostela ou no seu defecto en Vigo. Admítense voluntarios para formar candidatura.
5º- Curso gratuito de Regueifa.
Os que vos quede preto Vigo, podedes asistir as clases que da Josiño Teixeira no Instituto Municipal de Educación os mércores de 18:00 a 20:00h.
O Concello de Vigo, tamén está preparando uns obradoiros para profes interesados nesta temática pos meses de xaneiro/febreiro (máis información na mesma web anterior).
6º- Información sobre os vindeiros eventos Regueifeiros.
Día 3: Luís e Lobariñas regueifan en Bembrive ( Vigo).
Día 10: Certame no Auditorio do concello de Nigrán as 20:30h, coa presenza dos cantores ao desafío portugueses, Thiago Maroto e André Sampaio e os regueifeiros galegos, Bieito Lobariñas e Josinho da Teixeira.

Ademáis, sabemos que hai xuntanzas regueifeiras periódicas, nalgún local de Compostela e noutro de Vigo, si algún/na está interesad@ en acudir, que se poña en contacto connosco vía correo e informámolo.
Neste mesmo correo, oral@regueifa.org, podedes enviarnos información ou facernos consultas sobre calquer aspecto que teña que ver coa improvisación oral en verso.
Tamén apareceu información da presentación do libro Repente Galego nestas ligazóns:
http://www.depo.es/-/noticia-concellos-da-provincia-presentaran-as-suas-...
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/11/30/patrimonio-pontev...

AdjuntoTamaño
Ficha de soci@.docx72.15 KB