Skip to Content

OBRADORIO DE REGUEIFA PARA PROFESORADO

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este obradoiro que consta da posta en valor e transmisión dunha das pólas da nosa cultura popular galega. Algúns autores pensan que a improvisación oral en verso, como toda arte de improvisar, precisa dunhas habilidades innatas, mais isto non quere dicir que non se poida aprender sen necesidade de ter esas capacidades. Con este obradoiro de 10 horas tentaremos promover a ensinanza desta arte nos docentes da área de lingua galega para, deste xeito, tentar transmitirlla ás nosas próximas xeracións de estudantes de primaria e de secundaria e aproveitala como un axente dinamizador da lingua propia de Galicia e
como un recurso motivador, de cohesión grupal e de diversión nas nosas aulas.
Datas: 24, 25, 27 de abril; 2, 4 de maio de 2017
Horario: de 19:00 a 21:00
Lugar: Na Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa da Oliva, 12)
Para se inscribir deben enviar o seu nome completo, teléfono e centro escolar ao
correo electrónico actividades.snl@vigo.org [poñer no asunto: obradoiro regueifa]
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 61 63 64
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego

cartel obradoiro regueifa profesorado.jpg
AdjuntoTamaño
cartel obradoiro regueifa profesorado.jpg183.17 KB