Skip to Content

PARTICIPACIÓN EN XORNADAS SOBRE IMPROVISACIÓN EN PARÍS

Marta Souto, Isaura Abelairas, como representantes do Concello de Vigo e os regueifeiros Bietio Lobariñas e Josiño da Teixeira participan na Universidade da Sorbona, en París no encontro:
A improvisación oral: tradición e actualidade.
Tamén haberá participantes procedentes do País Basco e de Cataluña.
Terá lugar os días 27 e 28 de marzo.
Está organizado por: Helena Badell, Eric Beaumatin, Miren Ibarluzea e o galego Gonzalo Vázquez, do Centro de Estudos Galegos de París.

AdjuntoTamaño
Improvisacionoraltradicioneactualidade.pdf80.73 KB