Skip to Content

Presentación da Metodoloxía do Repente Galego

25/07/2018 18:15

O 25 de xullo terá lugar, co gallo do Festigal, a presentación do libro da ORAL, Metodoloxía do Repente Galego, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.

O acto contará coa presenza de Carlos Alonso (presidente da Asociación), Kike Estévez (regueifeiro e coautor do libro) e Alba María (regueifeira e investigadora). No acto ademais dunha sinxela presentación do libro haberá unha pequena demostración regueifeira.