Presentación da Metodoloxía do Repente Galego
Enviado por admin o Venres, 29/06/2018 - 15:19.
25/07/2018 18:15
O 25 de xullo terá lugar, co gallo do Festigal, a presentación do libro da ORAL, Metodoloxía do Repente Galego, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.
O acto contará coa presenza de Carlos Alonso (presidente da Asociación), Kike Estévez (regueifeiro e coautor do libro) e Alba María (regueifeira e investigadora). No acto ademais dunha sinxela presentación do libro haberá unha pequena demostración regueifeira.
O #Festigal2018 vén cargado de presentación de libros. Bótalle unha ollada á nosa programación. Hai para todos e todas. https://t.co/o3sLTjftWU @DACCultura
— festigal (@festigal_) 18 de julio de 2018