Skip to Content

Programa de radio sobre a Regueifa

A PUNTA DA NAVALLA / RADIO VALADARES

No día de hoxe 12/09/2016 comeza o primeiro programa sobre improvisación oral en verso na radio e en galego. O proxecto, levado ao cabo por Radio Valadares, nace coa única pretensión de dar a coñecer un pouco máis esta arte milenaria en Galicia e no resto do mundo. Á fronte do programa estará Kike Estévez, un dos novos regueifeiros do país, que falará un pouco sobre historia da regueifa, contará con algunha entrevista a algún ou algunha representante desta arte, e, para rematar, reproducirá algunha peza tirada dalgún video ou dalgunha gravación propia.

Neste 1º programa faranos unha pequena introdución sobre a improvisación oral en verso e teremos a Josinho da Teixeira que nos contará un pouco sobre a regueifa e as súas orixes. Na 2º parte darase un repaso ás actuacións regueifeiras levadas ao cabo neste verán, escoitaremos un anaco dunha regueifa entre Luís O Caruncho e Bieito Lombariñas celebrada estes pasados días na Noite da Lúa Meiga no Viso, e haberá entrevista con Silvinha, unha das novas regueifeiras do país. Na 3ª parte escoitaremos uns brindos históricos a cargo do Ribeira de Louzarela, un dos brindeiros máis afamados da Galiza.

O horario será os luns ás 14.00h no 106.1 do dial de FM. (Radio Piratona), e contará con reposicións os mércores ás 23.00h e os sábados ás 11.00h da mañá.

Moita sorte nesta nova andaina e adiante coa regueifa!

Anuncio A punta da navalla
AdjuntoTamaño
A PUNTA DA NAVALLA.pdf70.31 KB