Skip to Content

Regueibertso 2018

Neste 17 de maio celebrouse en Igorre (Euskal Herría) o 3º Regueibertso, convivio entre alumnado e profesorado galego involucrado na difusión, estudo e transmisión do canto improvisado que se dá nos tres países: a glosa, o bertso e a regueifa.

Alén desta xornada de convivencia, tamén houbo un evento onde participou este alumnado expresando as súas ideas ao través das rimas nas súas linguas vernáculas. Ademais, tamén contaron coa presenza de "profesionais" do repente, xa que neste acto participaron improvisadores da talla de Maialen Lujanbio (Euskadi, dobre campioa da Txapelketa Nagusia), Sustrai Colina (Eusk.), Laia Pedrol Viladot (Cat.) ou Manolo Maseda (Gal.).

Dende a Asociación Oral non podemos máis que parabenizar estas propostas educativas cooperativas e innovadoras onde o canto improvisado tradicional se vai facendo un oco entre a mocidade dos tres países participantes.

Gora o bertso! Medre a regueifa! Visca a glosa!

Mil primaveras máis para o Regueibertso!

Deixamos por aquí diferentes ligazóns a novas crelacionadas con este evento.