Skip to Content

Regueifeir@s n´A Revista da TVG

10/04/2018 12:30

No día de onte (10/4/18) houbo Regueifeir@s no programa A Revista da TVG. No vídeo puidemos ver a Lupe Blanco máis Josinho da Teixeira a impartir un obradoiro de regueifa por escolas de Carballo. Tamén falaron os dous sobre a importancia da docencia da regueifa á rapazada, centrándose sobre todo no proxecto Regueifesta e no concurso de vídeos Enreguéifate que aínda está aberto até o 15 de abril.

Deixamos aquí unha ligazón ao facebook de Regueifando pola Vida onde poderedes ver o vídeo da TVG:

Tamén deixamos a ligazón ao programa completo da TVG: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-3715717