Skip to Content

Regueifeir@s no Marco

18/05/2019 12:30

E este sábado no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo...
"Regueifas deste tempo"
Con Alba María e Mani Braga
Ás 12.30
Sala do vestíbulo principal
Para público en xeral

"Moi en relación co lema do DIM deste ano (O futuro da tradición), o MARCO convértese en escenario para unha das manifestacións máis tradicionais que existen en Galicia, a regueifa, revitalizada hoxe polas xeracións máis novas. Un desafío oral en verso, protagonizado por Alba María e Mani Braga, que nesta especial ocasión terá como motivo de partida e como pano de fondo imaxes históricas do edificio do MARCO: unha reportaxe realizada polo fotógrafo Manuel G. Vicente en 1999, pouco antes de comezar o proxecto de remodelación do edificio".