Skip to Content

REGUEIFESTA

Estas actividades forman parte dunha xornada que leva por lema “A regueifa está na mesa… camiño da escola”, enmarcada no Proxecto Regueifesta. O Concello de Santiago, a través dos departamentos de Lingua e de Educación, colabora con esta iniciativa, que quere poñer en valor a regueifa como método de normalización lingüística e desenvolvemento persoal e social.

O proxecto está impulsado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces. O seu alumnado visitou esta mañá Compostela, dentro do encontro que están a manter cos estudantes dun instituto biscaíño, o IES de Arratia.

Esta Regueifesta enmárcase tamén no 1º Encontro Regueibertso Galiza-Euskal Herría. O intercambio escolar do proxecto Regueibertso continuará entre os días 13 e 16 de maio, cando serán os rapaces do IES Maximino Romero de Lema de Baio os que visiten Euskadi, xunto cos alumnos do IES Perdouro, de Burela e do IES Marco do Camballón.

Máis info: https://sites.google.com/site/regueifesta/

Para ver vídeos das regueifas seguide a ligazón:https://www.youtube.com/channel/UCB6-_iTNx8Z8mdnFozBoUUA