Skip to Content

RESULTADO DO CERTAME ESCOLAR DE REGUEIFAS 2017

O Certame de Regueifas seguiu o esquema avanzado no anterior escrito e vou aproveitar para sintetizar o desenvolvemento e resultado do mesmo.
Datos:
Asistentes: 500 alumnos/as de IES e CPR vigueses (Achégase listaxe) e un da Vila de Cruces.
Paticipantes: 106 alumnos/as que se subiron ó escenario.
Finalistas: 20 mozos/as
Regueifeir@s en cernes: 4 moz@s
ARTURO PAULOS (IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO)
LIDIA CODIAS (IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO)
ENRIQUE DE FRANCISCO (POLITÉCNICO)
NURIA PENAS (IES MARCO DE CAMBALLÓN DE VILA DE CRUCES)
Colexio cun maior número de finalistas: Instituto San Tomé de Freixeiro (9), que levou a rosca maior e repartíronse outras dúas entre os que quedaron por detrás del, que foron o San Blas – Vista Alegre e o Marco de Camballón.
Desenvolvemento:
O alumnado accedeu en 10 grupos de 10 ou 11 compoñentes ó escenario, onde tiñan que pasar tres probas de improvisación en verso (copla de presentación, verso rimado con inclusión de dúas palabras dadas, estrofa cun verso dado de arranque). De cada grupo escolmáronse os dous mozos/as con maior puntuación da suma outorgada polo xurado, ate xuntar ós/as 20 finalistas. Este ano, ó igual que nos cinco últimos, houbo unha ronda adicional, da que sairon os catro primeiros, que en tres minutos tiveron que entrelazar catro estrofas improvisadas no momento, coas palabras e versos, que aportaron os mestres de cerimonia Luís “O Caruncho” e Pinto D´Herbón.
O ambiente na platea foi espectacular, con siareiros apoiando ós/ás seleccionados dos respectivos colexios con pancartas e outros artefactos sonoros e animación e diversión a esgalla, aplaudindo a tódolos improvisadores sen distinción.
Autoridades presentes:
Acompañounos a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (Marta Souto) que foi o que patrocinou o acto e os obradoiros previos.

Difusión do evento:
O acto, foi gravado polos propio profesorado presente e outros medios de comunicación.
A todos, tanto ós que viñéchedes como ós que non, agradecidos polo apoio e polo esforzo realizado.
Penduraremos algunhas fotos na web: www.regueifa.org

No futuro:
Programaranse máis obradoiros de balde para a mocidade, polo que animamos ós interesados a que se apunten no correo-e da asociación oral@regueifa.org e acudan ás clases gratuitas que promove o Concello no Centro de Interpretación da Oralidade. Para os profes vai haber tamén un obradoiro de balde, a restos de abril e principios de maio. Igualmente animámosvos a escoitar o programa “A punta da Navalla” no dial 106.1 da FM ou no Ivox Valladares - Piratona
Saúdos e agradecido polo interese amosado.

CARLOS ALONSO

Presidente da Asociación ORAL de Galicia

TELF: +34 - (9)86 - 467053 FAX: +34 - (9)86 - 467052
www.regueifa.gal | oral@regueifa.org

ORAL DE GALICIA
CMÑO. DO PEDREGAL, 6
36.314 – VIGO
CIF:G-36845428

INSTITUTOS PARTICIPANTES NO IX CERTAME ESCOLAR DE REGUEIFAS DO CONCELLO DE VIGO

A.- ALVARO CUNQUEIRO

B.- C.P.R. BOUZA BREY

C.- C.P.R. SAN BLAS VISTA ALEGRE

D.- TEIS

E.- SAN TOMÉ DE FREIXEIRO

F.- RICARDO MELLA

G.- VALADARES

H.- POLITÉCNICO

I.- CORUXO

L.- C.P.R. NOSA SEÑORA DA ESPERANZA

M.- BEADE

DE VILA DE CRUCES

N.- MARCO DE CAMBALLÓN

Máis info en: https://www.facebook.com/1596891500592043/photos/ms.c.eJxFztsNxEAIQ9GOVp...

CERTAME ESCOLAR DE REGUEIFAS 2017
AdjuntoTamaño
RESULTADO CERTAME REGUEIFAS.pdf154.84 KB