Skip to Content

Sesión didáctico práctica de regueifa no café Catro a Catro (Vigo)

05/06/2019 18:00

O vindeiro 5 de xuño celebrarase no café Catro a Catro de Vigo unha sesión didáctico práctica de regueifa, coa presenza dos regueifeiros Suso de Xornes e Josinho da Teixeira. O evento, promovido polo alumnado do CIOV de Vigo, contará cunha charla coloquio que comezará ás 18.00 horas, na que participará o máis senlleiro regueifeiro bergantiñán, Suso de Xornes. Ao rematar (19.30h), comezará o duelo en verso entre o regueifeiro afincado en Carballo e o redondelán Josinho da Teixeira, mestre do curso anual de regueifa que se imparte no CIOV de Vigo.