Skip to Content

XX CERTAME INTERNACIONAL DE REGUEIFAS

Historia do Certame Internacional de Improvisación Oral
Quen nos ía dicir a nós, cando puxemos en marcha a I Edición deste Certame, o 14 de maio de 1995 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, que chegariamos a artellar esta vixésima edición.
Nestes 20 anos as cousas non mudaron moito, no que a relación coas distintas administracións se refire, xa que aínda que nos ofrecen apoios puntuais, tanto
o Concello ( que grazas ó esforzo da técnica so SNL, Marta Souto, mantén as clases gratuítas de Regueifa no CIOV, durante o curso escolar e promove obradoiros de iniciación nos centros de Primaria e nos Institutos de Secundaria),como a Deputación de Pontevedra (que dende fai dous anos está publicando
libros sobre esta disciplina artística e tamén aposta pola extensión dos obradoiros escolares pola provincia, iso si, a Xunta de Galicia, nin iso, cando a UNESCO acaba de declarar o xoves 7 de decembro como Patrimonio Inmaterial da Humanidade o Punto Cubano, que non deixa de ser o equivalente a nosa Regueifa, en todo caso bótase en falta unha implicación máis decidida, sobre todo a nivel do País.
Evidentemente si que houbo mudas no eido artístico, quedaron polo camiño importantísimos referentes como Calviño de Tallo, Costa de Xaviña e outros,
pero agromaron unha fornada de novas figuras, como Luís “O Caruncho”, Pinto d´Herbón, Josinho da Teixeira, Bieito Lobariñas e outros, é o mellor é que xa
ven a remuda con moz@s como Xairo D´Herbón, Alba Mª, Lupe Blanco, etc.
Ou sexa que temos esperanza e ilusión non falta.
Poidémolo facer mellor, pero dámonos por satisfeitos co realizado ata a data, xa que nos honra dicir que por este Certame levan pasado primeiras figuras do
Punto Cubano, do Canto ao Desafío, da Glosa, do Bertsolarismo, do Trovo, dos Verseadores, dos Poetas, da Pallada, en definitiva do mundo do repente, pero
tamén xente importante doutras disciplinas asociadas directa ou tanxencialmente coa improvisación en verso, como o Teatro improvisado, o Rap, o Recitado Poético, a Canción Retranqueira, etc.
En fin, que 20 anos non son nada, que agardamos poder seguir co Certame outros 20 e que poidamos seguilo desfrutando todos os que o facemos no día
de hoxe e moitos outros para os que aínda é descoñecido

CARTAZ REGUEIFAS 2017.jpg
AdjuntoTamaño
Folleto regueifas.pdf367.18 KB
Cartel Regueifas.pdf199.54 KB