Axenda
O día 26 de novembro realizarase unha presentación dos libros "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro" e "Romanceiro tradicional", editados pola Escola de Música de Compostela aCentral Folque. O acto terá lugar no Cárcere Vello de Lugo e contará coa presenza dos seus autores, Kike Estévez e José Luís Forneiro. A presentación comezará ás 19.00h.
O día 27 de novembro xs regueifeirxs Alba María e Kike Estévez participarán no programa Zig-Zag da TVG2 para falaren do proxecto é-brindo e é-romance da Escola de Música de Compostela aCentral Folque.
O día 30 de novembro realizarase unha presentación do libro "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro", editado pola Escola de Música de Compostela aCentral Folque, no Culturgal. O acto contará coa presenza do seu autor, Kike Estévez, e estará acompañado pola regueifeira Alba María. A presentación comezará ás 17.00h.
Obradoiro de perfeccionamento impartido por Lupe Blanco os días 7, 14, 21 e 28 de decembro na Fundación Eduardo Pondal (Ponteceso).
Esta actividade está enmarcada no III Encontro de Nov@s Bard@s da Regueifa, e terá lugar de 17.30h a 20.30h, todos os sábados de decembro.
