Skip to Content

IV Encontro Interescolar de Improvisación

04/04/2024 18:30

A Pobra do Brollón acolle o IV Encontro Interescolar de Improvisación este xoves 4

Unha mostra de brindo e regueifa co alumnado do colexio da Pobra ademais de centros educativos de Monforte, Vilalba, Vila de Cruces, Caldas de Reis e O Courel.

Será a partir das 18:30 na Casa da Cultura 'Olga Novo', e é aberto ao público.

Ademais da mostra, ao longo da xornada realizarase unha visita ao colexio e un roteiro polo Camiño de Inverno para xs participantes.