Skip to Content

Regueifa na XVI Foliada de Cerqueda

27/04/2024 17:00

A asociación cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica) convocou a súa XVI Foliada e a X Foliadiña para o vindeiro 27 de abril no local social As Pozacas. A asociación quixo dedicar esta edición ás mulleres e homes regueifeiros da parroquia de Cerqueda, onde Celestino de Leduzo era moi coñecido, ademais de varios improvisadores orais, como Carmela e Lola do Ghoriño, Florinda da Tera, Manuel dos Cotelos de Taraio ou Faustino Rodríguez.

A xornada comezará á unha da tarde cunha sesión vermú a cargo das agrupacións musicais da asociación e do grupo Pansenfron. Os que asistan poderán comer alí e quedarse a gozar das actuacións de Lupe Blanco e Suso de Xornes pola tarde.