Skip to Content

Axenda

Sábado Xaneiro 28, 2017

Dende a ORAL amosamos o noso apoio a esta iniciativa e agardamos que sexa un éxito de participación.

Encontro de Mulheres Repentistas da Galiza

O vindeiro sábado28 de janeiro terá lugar o “I Encontro de Mulheres Repentistas da Galiza” em Vila de Cruzes, organizado polo alunado da cadeira “Regueifa e improvisaçom oral em verso” do IES Marco do Cambalhom, e impulsado polo Projeto Regueifesta, um projeto educativo para impulsar o repentismo no mundo do ensino, e que forma parte da Asociación ORAL, que promove o repente galego.

Estimada amiga:

Ola, somos Nuria Penas e Noa Guzmán, alumnas da materia "Regueifa e Improvisación Oral en Verso", de 2º da ESO, no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Como membros do grupo de coordinación do I Encontro de Mulheres Repentistas da Galiza, no que tamén está o noso profesor Séchu Sende, queriamos convidala ao encontro que estamos a organizar coa fin de xuntar a mulleres repentistas da Galiza e desfrutar mentres regueifamos ou nos coñecemos mellor.

Distribuir contenido