Skip to Content

Documentos sonoros

Esta web dedicarémola á recolleita de arquivos sonoros dende as primeiras gravacións da regueifa ata as recollidas hoxe en día.

Trátase dun proxecto moi a longo prazo, pero nel tentaremos poñer todo noso saber facer.

Por unha banda, comezaremos con audios de Certames da Oral nos seus primeiros anos e con outros documentos sonoros que xa están na Internet, como os que se atopan no APOI, aos que xuntaremos cadansúa ligazón correspondente.

Comeza aquí o maior proxecto ata hoxe de sistematización, reordenación e agrupamento dos documentos sonoros da regueifa, do brindo e de calquera outra caste de improvisación oral en verso na Galiza.

Velaquí un exemplo tirado do APOI, do gran Ribeira de Louzarela no ano 1995 e compilado por Xesús Mato:

Río Montero, Antonio "Ribeira de Louzarela" O ganado na labrada.