Skip to Content

A regueifa

¿Qué é a Regueifa e cal é a súa orixe?

A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso.
Polo seu carácter básicamente oral a súa orixe pérdese na noite dos tempos.
Pero segundo parece era tradición que antes do banquete de voda, a parella puxera a disposición dos que non foran invitados un bolo de pan chamado “Regueifa”, pois a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartilo entre os presentes era retarse dialecticamente entre eles, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares de estes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.

 

¿Cómo se practica e cales son as súas características?

Co paso do tempo, esta tradición de carácter eminentemente rural e cultivada por xente de moi escasa ou nula formación, básicamente agricultores ou gandeiros, chegou a ser un elemento máis de pasar o tempo morto no bar ou incluso a modo de espectáculo nas festas patronais ata que coa chegada dos modernos medios de comunicación e as modas musicais este costume entrou en decadencia.

Outro factor que axudou a súa desaparición foi que estes desafíos conforme se “quentaban” dialecticamente facía que a tensión dos contendentes elevárase moito, co cal a cousa podía acabar en leas ou disputas.

Na actualidade os poucos “Regueifeiros” que quedan a practican de maneira esporádica cando son invitados por algunha asociación cultural ou colexio para que exhiban a súa habilidade en público.

A confrontación realízase normalmente por parellas sen que interveña no enfrontamento dialéctico ningunha outra persoa, aínda que é relativamente habitual que cando hai varios “Regueifeiros” invitados ao final participen todos nunha roda na que cada un fai unha copla.

Os temas sobre os que se trata habitualmente son: a vida persoal de ambos (calquera cousa se utiliza), o que acontece na sala, o público, calquera suceso de interese xeral que se coñeza neses momentos.

 

A mecánica habitual da Regueifa é:

1º facer un breve saúdo o público e as autoridades para axiña entrar no desafío dialéctico no que un ataca e o outro a vez deféndese, constrúe a súa estrofa para atacar ó outro e así sucesivamente ata que se acaba despedindo do público e as autoridades; ¿e cando se acaba? Pois na actualidade cando se esgota o tempo pactado previamente, pero en épocas anteriores concluía ou ben por inferioridade dialéctica manifesta dun dos adversarios ou por esgotamento dos contendentes (podían estar incluso días enriba dun escenario).

Os versos constrúense en cuartetos octosílabos de rima asonante ou consonante, con unha distribución abcd, aínda que tamén poden ser abab, a capela, é dicir, sen acompañamento musical de ningún tipo.

As claves da Regueifa son a súa rapidez e espontaneidade, xa que carece de interludios musicais e de pausas entre os versos e sobre todo o enxeño, porque é o que fai que o público se entusiasme coa capacidade de saír airosos dos envites máis agudos en décimas de segundo e de forma totalmente improvisada, como se fosen prestidixitadores da lingua.

A Regueifa como controversia ten dúas modalidades:

- Cantada que é como se fai normalmente e rezada que se practica a modo de conversación apoiada por unha compoñente xestual importante.
- Aparte da Regueifa existe no Courel outra manifestación similar denominada “Brindo” que se diferencia da anterior en que se utiliza un tipo de linguaxe máis lírica.
Practicábase sobre todo en vodas e bautizos como unha loa a familiares, contraentes ou o acontecemento en si.
Tamén se podía realizar a modo de controversia, pero este parece ser que non era tan habitual.
Na actualidade coñécese un só practicante vivo, “Riveira de Louzarela” no Courel.

Existían modalidades similares ás descritas anteriormente baixo outras denominacións (loia, enchoiada, parrafeo, ...), noutros puntos de Galicia. Tamén parece claro que é moi posible que tódolos tipos de coplas populares (cantos de reis, coplas de entroido e maios, ...) que chegan hoxe en día ata nós, teñan unha raíz improvisada.

Voltar arriba