Skip to Content

Obradoiro de Regueifa no CIOV 2018/2019

17/10/2018 18:15

O mércores 17 de outubro de 2018 dará inicio o Obradoiro de Regueifa anual (de outubro a xuño) que oferta o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo por 6º ano consecutivo. Este curso, o obradoiro será impartido polos regueifeiros Kike Estévez e Josinho da Teixeira. Aínda podedes anotarvos mandando unha mensaxe cos vosos datos persoais ao enderezo electrónico: snl.actividades@vigo.org

Lembrade que as aulas son de 6 a 8 da tarde no IME na aula 17 (Camiño do Chouzo, 2)

Animádevos a regueifar! É de balde!