Skip to Content

Obradoiros de regueifa do Concello de Vigo

08/04/2024 12:00

Durante este mes de abril, estanse desenvolvendo os Obradoiros de regueifa do Concello de Vigo, que terán o seu colofón definitivo co XIV Certame Escolar de regueifas do Concello de Vigo, que se celebrará o vindeiro venres 26 de abril no CVC Valadares. Nestes Obradoiros Didácticos, o alumnado coñecerá a historia deste canto improvisado, así como as ferramentas básicas para construír e cantar unha copla de regueifa.

O luns 8/4/24 volven os Obradoiros de regueifa ao IES Politécnico, neste caso para o alumnado de 1º ESO. Desta volta, dous dos mellores regueifeiros de Galicia, o vigués Luís O Caruncho e mais o padronés Pinto de Herbón; realizarán dous Obradoiros os luns 8 e 15 de abril no Salón de Actos (12h-13.30h)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/system/files/images...

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/node/4596

AdjuntoTamaño
obras regueifa abril 24.jpg385.16 KB