Regueifa Mundial no Casco Vello de Vigo
Enviado por admin o Sábado, 17/12/2022 - 20:02.
18/12/2022 16:45
O vindeiro domingo 18 ás 16:45h, a regueifa fará presenza no intervalo da final do mundial de fútbol, para desempatar con versos improvisados o encontro balompédico. Será no Restaurante Puro Delirio (Teófilo Llorente, Vigo), onde a regueifa será dona e señora do partido, movendo o balón de banda a banda a través dunha dianteira de luxo formada polo astro redondelán do verso ao primeiro toque, Josinho da Teixeira, e mais pola verticalidade ofensiva do verbo bergantiñán, representado pola coristanquesa Lupe Blanco...
Non perdades este encontro mundial regueifeiro! Todo pode pasar! Seguro que hai prórroga!