Skip to Content

XV Certame escolar de Regueifas

XV Certame escolar de Regueifas

O pasado 11 de marzo o Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acolleu a décimo quinta edición do Certame Escolar de Regueifas no que alumnos de distintos centros da cidade de Vigo puxeron sobre o escenario o aprendido nos obradoiros impartidos nos seus centros por parte da Asociación ORAL de Galicia en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Foi unha xornada de humor e moita festa onde o máis importante foi poñer en valor a arte da improvisación en lingua galega.