- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Improvisación oral en verso-regueifa con Branca Trigo (continuación curso 2025-2020 e novos alumnos)
- Asemblea Xeral de Soci@s da Asociación O.R.A.L. de Galicia
- "I Certame Nacional de Regueifa Jovem"
- Vigo en galego-Letras Galegas 2026
- Festinha da Regueifa en Compostela
- Novo mapa interactivo da regueifa
- XV Certame escolar de Regueifas
- Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral no CIOV
- XXVIII Certame Internacional de Regueifas
- Certame comarcal de poesía improvisada no Morrazo
- Comeza o curso lectivo 2025/2026 do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
XXVIII Certame Internacional de Regueifas
Enviado por admin o Lúns, 19/01/2026 - 12:17.
O auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acollerá o vindeiro 25 de xaneiro unha nova edición do Certame Internacional de Regueifas. Nesta cita, que xa vai polo número 28, estarán, xunto cos regueifeiros galegos Antonio e Suso de Xornes, Bieito Lobariñas, Josinho da Teixeira e Luis “O Caruncho”, versadores canarios e portugueses, procedentes da illa de Madeira.
Nunha velada conducida por Lupe Blanco poderemos desfrutar da improvisación de Yapci Bienes, Jesús Cristo e o laudista Fernando Murga “Murguita”, que traerán os seus versos dende Canarias. Dende Portugal acudirá á cita o “Grupo D'Improviso”, formado por Roberto Moniz, Guilherme Órfão, Gilberto Reis e João Vieira.
Aínda que esta é a cita principal do certame non é a única e os días 14, 21 e 22 de febreiro levaránse a cabo actividades paralelas.
