- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- As regueifas animan o Revoltallo
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- Propostas premiadas no certame Enreguéifate 2023
- II Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2023
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2022
- XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)
- II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)
- IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)
- Certame Provincial de Regueifa 2021 (Pontevedra)
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021
- Fin de curso do CIOV 2021
- XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2020)
- Comeza o "Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!
- O derradeiro brindo do Ribeira
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2020)
Chega o XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares.
O Certame, que este ano se celebrará en tres xornadas (27 de decembro, 2 e 3 de xaneiro) no Auditorio do CVC de Valadares, contará coa participación de improvisador@s vid@s de todos os recantos do país, ademais da presenza internacional, representada por cantadores ao desafío do país veciño, Portugal.
A primeira xornada do evento será conducida polo vigués Kike Estévez, que proporá distintas probas de habilidade verbal á representación galega formada pola regueifeira bergantiñá Lupe Blanco e polos regueifeiros Luís O Caruncho (Vigo), Bieito Lobariñas (Gondomar) e Josinho da Teixeira (Redondela). Ademais, haberá lugar para novas e novos practicantes da regueifa en Galiza, como Palmira Vicente e Veni da Rocha, que demostrarán as súas dotes para o verso improvisado diante do público de Valadares. Tamén haberá lugar para as rimas ceibes do improvisador carballés, Óscar "O Arrieiro", finalista no Ceibarrimas, primeiro concurso de freestyle en galego celebrado por streaming durante o confinamento. No que se refire á participación estranxeira, este ano contaremos cos representantes do canto ao desafío portugués Pi d´Areosa e Jorge Salgueiro, dous referentes no improviso luso e formantes do grupo "Sons do Minho", dedicado á música tradicional e especialmente ao canto ao desafio portugués.
Por outra parte, o espectáculo en Valadares non remata aquí, pois continua os días 2 e 3 de xaneiro. Para comezar o ano con bo pe, a xornada do sábado día 2 (dedicada a actividades paralelas á regueifa como o recitado, o slam, impro teatral...) estará guiada pola poeta e tradutora Lara do Ar e contará coa presenza do grupo 8mm Teatro e o monologuista e escritor Carlos Meixide, que recuncarán coa súa retranca no escenario vigués. Na derradeira xornada do día 3 (domingo) pecharase o Certame deste ano cunha nova mostra de improvisación, que estará conducida polo regueifeiro Mani Braga e contará coa participación dos cantadores ao desafío portugueses Walter Sao Martinho e Paulino Brasileiro; o rabelista cántabro Miguel Cadavieco; e @s improvisador@s galegos Xairo de Herbón ou a regueifeira e cantora Alba María, que ofrecerá un espectáculo de romances improvisados xunto ao seu irmán Queco Díaz.
Por vixésimo terceira vez: Mil primaveras máis para a regueifa en Valadares!
Adjunto | Tamaño |
---|---|
CARTEL REGUEIFAS 2 XANEIRO.pdf | 114.1 KB |
CERTAME DE REGUEIFAS 2 XANEIRO.pdf | 61.66 KB |
MOSTRA IMPROVISACION DÍA 3.pdf | 137.93 KB |
NOTA PRENSA IMPROVISACIÓN DÍA 3.pdf | 112 KB |
NOTA PRENSA REGUEIFAS 2 XANEIRO.pdf | 92.94 KB |