Skip to Content

II Premio Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2023

O pasado 7 de xaneiro celebrouse a segunda edición dos Premios Galegos da Regueifa, por iniciativa de La Voz de Galicia co apoio da Xunta, do Grupo Calvo e do Concello, e que consagrou a coristanquesa Lupe Blanco como a mellor regueifeira de Galicia.
Para comezar o evento, Augusto Canário e Cândido Miranda, dous dos maiores referentes do que no país veciño chaman cantigas ao desafio, encheron o Pazo da Cultura coas súas cantigas improvisadas. Despois, subiron ao escenario mozos e mozas da escola Semente de Compostela e do instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces para deixar constancia de que si hai relevo xeracional.Posteriormente, subiron ao palco os RegueiNovos. Nesta categoría participaron a coristanquesa Carmen María Taibo (Carmaría), a viguesa Sara Marchena, o coruñés Daniel Vilas (Chaminho), o burelense Cristian Gómez, o malpicán Óscar García e a carballesa Yéssica Nantón,sendo esta última a vencedora. Finalmente, na quenda dos RegueiAstros, chegaron á escena os improvisadores máis experimentados: a coristanquesa Lupe Blanco, gañadora da primeira edición; os bergantiñáns Suso e Antonio de Xornes; os vigueses Bieito Lobariñas e Mani Braga, e O Rabelo, pontevedrés afincado en Cercedo. Á final do concurso, como xa sucedeu no 2022, chegaron Suso de Xornes e Lupe Blanco; saíndo vencedora a coristanquesa Lupe Blanco por segundo ano consecutivo.
Mil primaveras máis para o concurso Espalla Rimas!!