- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- O "I Campus de Regueifa" reunirá adolescentes regueifeiras de todo o país en Vilalba
- Vilalba organiza o “ I Campus de Regueifa” para a Nova Regueifa
- O Regueifa Tour chega a Vila de Cruzes o 13 de dezembro
- Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
- Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- As regueifas animan o Revoltallo
- As regueifas chegaron a Cuba
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
I Encontro Interxeracional Regueifeiro
Enviado por admin o Xoves, 01/02/2024 - 11:21.
A Asociación Oral ten o pracer de anunciar un acto histórico que terá lugar na emblemática Casa de Rosalía de Castro en Padrón. Máis de 40 improvisadoras/es de todas as idades e puntos da Galiza xuntaranse neste lugar cargado de historia para celebrar unha asemblea anual e o primeiro Encontro Interxeracional Regueifeiro.
O vindeiro sábado 3 de febreiro, ás 11:00 horas o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, daralle a benvida ás persoas participantes.
A asemblea inaugural terá lugar ás 13.00 horas no salón de actos da Casa de Rosalía De Castro, conducida polo presidente de ORAL Carlos Alonso.
Será este un momento para compartir experiencias, coñecementos e paixón pola regueifa, unha forma singular de improvisación oral en verso que perdura no tempo con moita xera.
O prato forte da xornada será o encontro de improvisación, que comezará ás 16:00 horas no mítico bar Casa Manolo. Este espazo acollerá improvisadoras/es de todas as idades, creando un ambiente único de intercambio cultural, emocional e xeracional.
Este evento supón unha oportunidade única para unir ás persoas amantes da improvisación oral. A Casa de Rosalía De Castro, berce da inspiración poética, será testemuña da creatividade e habilidade das persoas participantes, convertendo esta xornada nunha experiencia inesquecible.