Skip to Content

IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)

O IV Certame Comarcal de Regueifas o Poesía Improvisada celebrarouse no auditorio de Cantas e participarán alumnos de oito centros do Morrazo: CPR Sagrada Familia (Cangas), CPR Compañía de María (Cangas), CPR Eduardo Pondal (Cangas), IES de Rodeira (Cangas), IES Monte Carrasco (Cangas), IES A Paralaia (Moaña), IES As Barxas (Moaña) e IES Illa de Ons (Bueu).
As áreas de Normalización Lingüística de Moaña, Cangas e Bueu, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL (Oralidade, Rima, Arte e Lingua) levan organizando desde 2017 o Certame Comarcal de Poesía Improvisada do Morrazo.
Este certame foi precedido dunha serie de obradoiros organizados pola Deputación de Pontevedra que tiveron lugar durante o mes de outubro en cada centro de ensino. Os obradoiros estaban dirixidos, preferentemente, a alumnado de 2º ESO e foron impartidos polos regueifeiros Pinto d’Herbón e Bieito Lobariñas.