Skip to Content

Certame Enreguéifate 2025

Cartel enregueifate 2025

Dende o 20 de xaneiro ata o 20 de marzo de 2025 estará aberto o prazo para participar na VIII edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.

Para facelo, deberedes enviar o voso vídeo regueifando a través do formulario de inscrición que aparecerá aquí embaixo en canto abra o prazo. A participación é aberta e de balde, mais tede en conta que:

– Hai dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.
– A lingua empregada nas regueifas debe ser o galego, a temática é libre, en cada vídeo deben aparecer cando menos 2 persoas e a duración máxima é de 3 minutos.

https://enregueifate.gal/edicion-2025/