- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- O "I Campus de Regueifa" reunirá adolescentes regueifeiras de todo o país en Vilalba
- Vilalba organiza o “ I Campus de Regueifa” para a Nova Regueifa
- O Regueifa Tour chega a Vila de Cruzes o 13 de dezembro
- Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
- Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- As regueifas animan o Revoltallo
- As regueifas chegaron a Cuba
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
O "I Campus de Regueifa" reunirá adolescentes regueifeiras de todo o país en Vilalba
Enviado por admin o Martes, 14/01/2025 - 12:06.
A improvisación oral en verso reunirá regueifeiras e regueifeiros entre 12 e 16 anos de Vilalba, Vila de Cruces, Courel, Porto do Son, Compostela, Monforte, Vigo e Carballo no "I Campus de Regueifa ReguiNov+s - Regueifesta", organizado polo IES Basanta Silva e o Proxecto Regueifesta e que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xaneiro en Vilalba.
Despois de estar en perigo de extinción, a regueifa conseguiu revitalizarse por todo o país co traballo colectivo de múltiples axentes educativos e socioculturais e, curso tras curso, danse máis sinerxias entre os centros de ensino e o movemento sociocultural.
Actualmente fálsae da "Nova Regueifa" como un movemento protagonizado principalmente por adolescentes, cun valor importante no proceso de normalización da lingua galega.
Dende o Equipo de Dinamización e o Club de Regueifa do IES Basanta Silva queren fortalecer esa rede de centros facilitando un encontro de adolescentes regueifeiros e regueifeiras de toda a Galiza.
O I Campus de Regueifa ten como obxectivo reunir adolescentes en tres xornadas de formación e convivio. O Campus desenvolverase na tarde da sexta-feira 17, na xornada do sábado 18 e na mañá do domingo 19 de xaneiro no IES Basanta Silva (Vilalba).
Dentro do Campus terán lugar asembleas, actividades de formación (palestras, obradoiros...), grupos de traballo e actividades lúdicas. Entre outras atividades realizarase un seminario con Sés, un obradoiro con Laura Lamontagne e unha visita á Casa Museo de Manuel María.
Ademáis, varios equipos de cine filmarán imaxes do Campus de Regueifa. Así o proxecto "Regueifando con pracer" gravará recursos para un firlme sobre regueifa e muller. O regueifeiro Manolo Maseda tamén dirixirá un equipo audiovisual que gravará escenas para um documentario sobre o proceso de expansión da regueifa nos últimos anos. Un terceiro documental centrarase no papel das mulleres na literatura de tradición oral.
○ Campus iniciarase o 17 á tarde, coa presentacom dun espectáculo de regueifa aberto ao público, o "Regueifa Tour" en Vilalba, no Auditorio municipal, onde participarán, ademais dos integrantes no Campus de Regueifa, os repentistas Lupe Blanco e Josiño da Teixeira.
O 'Regueifa Tour" é unha xira de improvisación oral en verso que ten como propósito tecer rede entre os diferentes territorios onde se está a traballar a regueifa dentro e fóra das aulas. O curso pasado, o Regueifa Tour visitou Vigo, Vilalba, Vila de Cruces, o Courel, Viana do Bolo, Compostela, o Pais Vasco e Cataluña. No curso 24-25 visitará Redondela, Vila de Cruzes ou Vilalba, entre outros lugares.