- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Vilalba organiza o “ I Campus de Regueifa” para a Nova Regueifa
- O Regueifa Tour chega a Vila de Cruzes o 13 de dezembro
- Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
- Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- As regueifas animan o Revoltallo
- As regueifas chegaron a Cuba
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
Enviado por admin o Venres, 22/11/2024 - 11:29.
O día 4 comezamos un novo módulo de Improvisación Oral en Verso no CIOV, e facémolo con este eventazo!
A partir das 17:00 h, no Museo Verbum, faremos unha xornada de portas abertas para aquelas persoas que aínda non se atreven a improvisar, as que non teñen posibilidade de vir todas as semanas, as que teñen curiosidade por saber de que vai isto da regueifa e as que simplemente queiran pasalo ben escoitando.
Contará con Branca Trigo e Silvia Villar para ofrecer unha mostra de regueifa, e despois impartirase un obradoiro de iniciación express para que calquera que queira se poida unir e botar unhas coplas.
Despois continuaremos coas aulas, que serán mércores e venres en decembro e só os mércores a partir de xaneiro no Museo Verbum de 17:00 a 20:00h. Podédesvos inscribir en actividades.snl@uvigo.org